O Grupo de investigación Estudos Audiovisuais —Comunicación Audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía— (GEA) é un Grupo de Referencia Competitiva da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polo profesor Enrique Castelló Mayo. Foi constituído o 11 de outubro de 1999 e está adscrito o Departamento de Ciencias da Comunicación.
A misión e obxectivos do grupo son a análise dos procesos comunicacionais como construtores culturais e instrumentos capitais na conformación de sociedades. Ao abeiro de diferentes enfoques- político, social, económico…- e con especial atención á construción da(s) identidade(s) e á preservación da diversidade cultural, artella propostas investigadoras interdisciplinarias cuxos resultados se dirixen á comunidade científica, aos responsables de políticas públicas, os profesionais dos sectores implicados e á cidadanía en xeral.
Os vindeiros 6 e 7 de xullo na Sociedade Liceo de Noia (Noia) e baixo a dirección de Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez, terá lugar a 2ª edición deste obradoiro de fotografía documental organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e o colectivo fotográfico Ollo. Constará de 16 horas lectivas cun límite de asistencia de 25 persoas. […]
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]